Esgotadas as entradas para os concertos de Depedro e Cristina Rosenvinge no Salón García

Aquelas persoas que desexen asistir aos dous concertos que faltan do ciclo de “Achégate ao Salón” xa non teñen oportunidade para facelo. Tanto as entradas para o concerto de Depedro (4 de marzo) como para o de Cristina Rosenvinge (8 de abril) están esgotadas.

Dende o goberno local achacan ao baixo prezo das entradas, e ao feito de que os menores de 16 anos e os desempregados accedan gratis, o gran éxito de taquilla. Mediante este tipo de bonificacións dende o departamento de Cultura buscan que o maior número de persoas posible acceda aos ciclos musicais que se ofertan.

Os números
“Achégate ao Salón” é un ciclo de concertos matinais de pequeno formato que se celebran os domingos pola mañá en sesión vermú coa finalidade de chegar a un público moito máis familiar.
O salón conta cun total de 224 butacas, polo que completar o aforo nos tres concertos supón unha entrada de 765 persoas. Delas 34 optaron por adquirir os bonos para asistir ás actuacións dos tres grupos beneficiándose do correspondente desconto. As restantes localidades vendéronse de forma individualizada.
Dende o Concello destacan o número de persoas que poderán gozar da música destes relevantes grupos completamente de balde. De feito 92 das entradas totais foron reservadas a través da aplicación de gratuidade que Cultura puxo en marcha neste ciclo en beneficio das persoas desempregadas e dos menores de 16 anos, condición que terán que acreditar o día do concerto para acceder á sala.
A deste ano é a terceira edición de “Achégate ao Salón”, unha proposta centrada na música indie-pop.