Estudantes de Secundaria volven ás rúas para protestar contra a Lomce

Estudantes de Secundaria volven ás rúas para protestar contra a Lomce
Copia de Diario de Arousa-2016-10-22-004-e89aa77c

Os estudantes de Secundaria e de Bacharelato dos centros educativos da comarca de Arousa están chamados á mobilización o vindeiro mércores día 26. O propósito, unha vez máis, mostrar o rotundo rexeitamento da comunidade educativa á Lei Orgánica da Lomce. Foi esta norma regulada dende o Estado central a que provocou en máis dunha ocasión que tanto o estudantado coma o profesorado saísen en máis dunha ocasión ás rúas e fixesen folga para frenar a súa entrada en vigor. Polo de agora, alomenos, sen éxito.
     Dende as ANPA e dende os sindicatos de estudantes chaman a toda a comunidade educativa de Arousa a mobilizarse e, aparte de non asistir ás clases, también realizarán actos paralelos. Un deles será o mércores día 26 ás doce do mediodía na Praza de Galicia cunha concentración na que se leerá un comunicado de rexeitamento á normativa estatal.
     Ademais nos diferentes centros educativos puxéronse en marcha campañas de información por parte do estudantado e dende algunha ANPA xa puxeron a disposición dos pais e nais a información necesaria. Algunhas incluso se dirixiron á dirección dos centros para pedir que ese día non se puxesen exames ou probas importantes para evitar que a perda desa clase non inflúa nas calificacións dos alumnos que, de forma libre, decidan facer folga. As mobilizacións están convocadas polos sindicatos de estudantes a nivel Galicia para toda a xornada do 26. n

Estudantes de Secundaria volven ás rúas para protestar contra a Lomce

Te puede interesar