A Feira das Tapas saca á rúa un total de 24 pratos a prezos populares

A Feira das Tapas saca á rúa un total de 24 pratos a prezos populares
03/09/2012. 02 septiembre 2012. Vilagarcía. IV Feira de Tapas en el Parque Miguel Hernández.

Vilagarcía resístese a deixar marchar a festa das súas rúas e por iso, despois da celebración de San Roque, son os hosteleiros de Ahituvi os que collen o relevo coa celebración da sexta edición da Feira das Tapas. A cita emprázase un ano máis nas inmediacións do parque Miguel Hernández dende mañá e ata o domingo. Serán un total de 12 os establecementos que ofrecerán os seus produtos ao público. Cada local terá no menú dúas tapas, unha un pouco máis tradicional e outra destinada máis ao concurso.
Fernando Murga, como representante de Ahituvi, sinalou que “esta é unha boa oportunidade para promocionar a hostelería local e, ao mesmo tempo, alargar un pouco o verán”.
Aparte dos establecementos hosteleiros que habitualmente participan nesta iniciativa estará tamén un atendido pola organización do Arousa Fútbol 7 coa idea de recaudar fondos para a entidade deportiva, como vén sendo habitual.
Os stands do Miguel Hernández estarán abertos ao público nas mediodías e nas noites dende mañá ata o domingo e dende Ahituvi esperan que un ano máis o público responda ben cunha asistencia notable.
“Ano tras ano a asistencia vai en aumento, dado que hai que ter en conta que esta Feira é única en Galicia e que aínda non a copiou ninguén. Si hai rutas polos locales e cousas parecidas, pero como esta non”, sinalan dende a asociación.

concurso
Como tamén vén sendo habitual dende que arrancou esta proposta os establecementos que participan na Feira das Tapas presentarán un dos seus dous pratos ao concurso que terá lugar o sábado ao mediodía tamén nas inmediacións do parque Miguel Hernández. Cinco personas conformarán o xurado no que estarán un gastrónomo, un membro de Ahituvi, un cociñeiro, un membro do equipo de goberno e un xornalista. Serán estes os encargados de decidir a tapa gañadora da edición 2014. O establecemento gañador recibirá un distintivo que poderá colocar no seu local.
O funcionamento da Feira das Tapas é moi semellante ao de anos anteriores. No centro do parque haberá unha caseta na que se poderán mercar os tíquets que servirán tanto para canxear as tapas como as consumicións. O prezo das tapas é de dous euros, a copa de viño está a 1,80, a caña a 1,50 e a auga a un euro. Aqueles que desexen mercar unha botella de viño poden facelo por 10 euros. Prezos aptos para todos os petos .

A Feira das Tapas saca á rúa un total de 24 pratos a prezos populares

Te puede interesar