Gardacostas e Policía Autonómica identifican a 36 persoas con marisco ilegal en Arousa

Axentes do servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración coa Policía Autonómica, realizaron un operativo contra o furtivismo na zona norte da Ría de Arousa, concretamente nas zonas da Graña, A Retorta, Boca do Río, Raposiños, Bodión e Cacho.

Na actuación, os inspectores identificaron a 36 furtivos que estaban faenando de xeito ilegal e levantáronlle as correspondentes actas. Tamén comisaron máis de 25 quilos de ameixa fina e 10 rastrelos.

A Xunta lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso fai un chamamento ao consumidor para que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.

Gardacostas e Policía Autonómica identifican a 36 persoas con marisco ilegal en Arousa

Te puede interesar