Gonzalo Durán apoia aos taxistas de Vilanova e aposta por unha solución de consenso

Gonzalo Durán apoia aos taxistas de Vilanova e aposta por unha solución de consenso
Durán amosou o seu total respaldo aos seus veciños | gonzalo salgado

“Teñen todo o dereito do mundo”. Gonzalo Durán móstrase rotundo á hora de defender aos taxistas de Vilanova no conflito aberto cos de Vilagarcía pola parada do Hospital do Salnés, aínda que aposta por unha solución de consenso.


“Fíxoselle unha proposta, que eu creo que é xusta, que di que os taxistas de Vilagarcía poden ter todas as prazas que queiran pero os de Vilanova terían dúas”, apunta Gonzalo Durán.

Unha idea que, con todo, parece que non convence aos autopatronos de Vilagarcía, que expoñen como problema a disparidade das tarifas pero tamén que non habería traballo para todos, sobre todo, din, tendo en conta que en breve poranse en marcha as novas liñas de autobús.
A ampliación mudou o mapa

“Non lle desexo ningún mal aos taxistas de Vilagarcía, pero eu defendo aos meus”, apunta Durán. O mesmo fixo o goberno de Alberto Varela, que acordou transmitir á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas a súa desconformidade co feito de que os taxistas vilanoveses teñan parada na entrada principal do centro de Ande. “Xa se deron situacións similares noutros lugares, como en Peinador”, apunta Durán, que cre que os autopatronos vilanoveses sairán airosos xa que “teñen toda a razón”. A situación mudou trala ampliación do Hospital do Salnés, que fíxose sobre terreos de Vilanova. “Transportes non lles pode prohibir aos taxistas vilanoveses que teñan parada alí”, apunta Durán, que recorda aos vilagarciáns que “eles tamén están gañando o seu salario”. A proposta de consenso fíxose nunha reunión da Asociación Provincial de Taxistas. Mentres tanto, os vilagarciáns recolleron máis de trinta firmas para frear o asentamento na zona dos de Vilanova. Os gobernos de cada un dos municipios puxéronse á carón dos seus respectivos veciños .

Gonzalo Durán apoia aos taxistas de Vilanova e aposta por unha solución de consenso

Te puede interesar