A gran sardiñada popular pon hoxe o toque culinario a Revenidas tras un arranque vertixinoso

A gran sardiñada popular pon hoxe o toque culinario a Revenidas tras un arranque vertixinoso
O deputado provincial de Cooperación, David Regades, e o alcalde, Alberto Varela, apoiaron coa súa presenza o festival, que dende onte é o epicentro da diversión | cedida / g. salgado

Vilaxoán vive hoxe o eixo central do festival Revenidas tras un arranque vertixinoso no que a música e o bo ambiente foron os verdadeiros protagonistas. O éxito de público notouse dende primeira hora da tarde nas zonas de acampada e tamén no ambiente da zona portuaria vilaxoanesa. Hoxe hai moito máis e incluso mellor.
O prato forte da xornada márcao a gran sardiñada popular nas inmediacións do parque de Dona Concha, xérmolo dunha celebración que agora é unha cita ineludible no calendario festivaleiro galego. De xeito paralelo, e en tres horarios diferentes, terán lugar as actuacións a bordo do Chasula. En horario de mañá e de tarde tamén haberá o Dub na praia do Preguntoiro e exhibicións culinarias a cargo de cociñeiros de primeiro nivel.
Os concertos continúan a ser a parte do programa máis seguida. Os máis esperados son os británicos Skinred e Riot Propaganda. Tamén Dakidarría e Doen buscan o seu oco. O arranque da man de La Pegatina, Terbutalina e Noite Fechada entre outros foi vertixinoso e deixou ao público con gañas de máis. Hoxe cumpriranse as súas ansias. l

A gran sardiñada popular pon hoxe o toque culinario a Revenidas tras un arranque vertixinoso

Te puede interesar