Iniciativa pola Memoria prepara unha segunda laconada para recabar fondos para os Roteiros

O Churrasco de Rubiáns acollerá o sábado día 3 de febreiro a que será a segunda laconada “pola memoria” organizada pola Iniciativa Cidadá de Vilagarcía.

Iniciativa pola Memoria prepara unha segunda laconada para recabar fondos para os Roteiros
A Iniciativa Cidadá pola Memoria presentou onte a segunda laconada popular | m. rolán
A Iniciativa Cidadá pola Memoria presentou onte a segunda laconada popular | m. rolán

O Churrasco de Rubiáns acollerá o sábado día 3 de febreiro a que será a segunda laconada “pola memoria” organizada pola Iniciativa Cidadá de Vilagarcía.
A cita é ao mediodía e o custe do xantar popular é de 20 euros, dos cales unha parte irá destinado a pagar o prato e outra parte a financiar os paneis que compoñen a iniciativa dos “Roteiros da Memoria”, con exemplos xa físicos en Cea e en Loenzo.
“O ano pasado xuntamos arredor de 200 persoas e este ano é tamén a cifra que queremos acadar”, explican dende o colectivo.
Ao xantar asitirán, ademais de todas aquelas persoas que desexen anotarse, nomes vencellados directamente coa memoria histórica como son Santiago Macías, Bernardo Maiz e Xoán Carlos Garrido entre outros.
Aqueles que queiran apuntarse poden facelo contactando con algún membro da Iniciativa Cidadá, a través de calquera das súas vías de comunicación nas redes sociais. A día de hoy xa hay apuntaas arredor dunhas 70 persoas, que xa confirmaron asistencia ao xantar popular. Do mesmo xeito tamén está habilitado un número de conta no BBVA (ES68 0182 0639 3102 0167 8057) para todos aqueles que desexen facer algún tipo de aportación.
Novos paneis
Dende a Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica confirmaron que ao longo deste ano 2018 se colocarán novos paneis como os xa existentes en Cea e Loenzo, coa idea de poñer “nome e voz” aos represaliados durante o franquismo. De momento están pendentes da tramitación de diferentes autorizacións, precisas para a súa colocación.