A Mancomunidade que xestiona o matadoiro anuncia a súa disolución

A Mancomunidade que xestiona o matadoiro anuncia a súa disolución
Vilagarcía. Matadero Municipal en Renza, lugar de Santa Mariña.

Vender as instalacións do matadoiro mancomunado de Renza é agora o principal obxectivo da Mancomunidade Voluntaria de Municipios de Arousa que o xestiona. O Boletín Oficial da Provincia anunciou onte a disolución deste organismo, logo de que os municipios que o conforman decidiran que chegara a hora de acabar con este proxecto en común, acordando a posibilidade de que a actividade nas instalacións do matadoiro poidan continuar da man privada.
A comisión xestora desta Mancomunidade, que está presidida por Vilagarcía e da que tamén forman parte os municipios de Catoira, Meñao, Vilanova, Meis, O Grove e Ribadumia, anunciou onte no BOP non só a súa disolución, senón tamén a aprobación da desafectacións das actuais instalacións. Deste xeito, deixarán de ser un ben de servizo público para pasar a ser patrimonial e deste xeito procederán á súa venda. A intención dos concellos e repartir a liquidación da que prevén sexa unha subasta pública.
O expediente deste proceso estará a disposición do público durante o prazo dun mes, contado a partir de hoxe, para que todos os interesados poidan presentar as alegacións que consideren necesarias. Os documentos poden consultarse nas dependencias da Mancomunidade, que neste caso é o Concello de Vilagarcía ao ostentar a presidencia. n

A Mancomunidade que xestiona o matadoiro anuncia a súa disolución

Te puede interesar