A memoria dos vilagarciáns que sufriron en San Simón

A memoria dos vilagarciáns que sufriron en San Simón
Diario de Arousa-2017-02-07-004-152b7f0a

A exposición configurada e creada aló polo ano 2006 sobre a historia da illa de San Simón volve a Vilagarcía para porlle cara, nome e voz aos vilagarciáns que sufriron a represión franquista. A mostra foi inaugurada onte da man dos membros da Iniciativa Cidadá pola Memoria e non é máis que o primeiro dos actos programados para un mes marcado no almanaque da barbarie na capital arousá. Nomes como o de Luis Bouza-Brey, Bienvenido Lago ou Dámaso Carrascos están íntimamente ligados a esta exposición que pode visitarse ata o vindeiro día 21. En todos os paneis que conforman a mostra está, en palabras dos propios membros da Iniciativa Cidadá, “o movemento democrático de Vilagarcía que estivo no seu día recluído en San Simón”.

Amplo programa
A exposición non é máis que o telón de fondo dun mes cargado de memoria. O sábado haberá unha charla sobre o papel que xogou Vilagarcía no anarcosindicalismo e o día 19 será a xornada dedicada ás homenaxes con nomes e apelidos. Estarán estas ubicadas en dous puntos: nos Martices de Cea e en Loenzo (Rubiáns). Foi neste último enclave donde catro vilagarciáns (unha muller e tres homes) morreron asasinados polos franquistas. Eles eran Pilar Fernández, Antonio Sayanes e Rodrigo Berruete, todos eles militantes da CNT. Con eles tamén morreu a sangue frío Manuel Limeres, do PSOE.
Na súa memoria inaugurarase   un panel divulgativo coa historia dos represaliados para que a súa vida non habite no esquecemento. Ese mesmo día, tamén pola mañá, descubrirase outro panel divulgativo na zona dos Martices, de Cea.

A memoria dos vilagarciáns que sufriron en San Simón

Te puede interesar