A oposición esixe “dimisións” polo caos do Triatlón e o goberno ampárase en Tráfico

A oposición esixe “dimisións” polo caos do Triatlón e o goberno ampárase en Tráfico
Diario de Arousa-2016-05-17-005-baeea604_1

 A polémica xurdida entorno á proba Triatlón Rías Baixas adquire xa carices políticos. Os grupos municipais do Partido Popular, de Esquerda Unida e do Bloque Nacionalista Galego saíron onte á palestra para reclamar ao equipo de Alberto Varela “explicacións” e incluso “dimisións”.
“É inadmisible que se manteña nin un minuto máis no seu cargo a un concelleiro que so pode presumir de protagonizar unha xestión pésima e tóxica”, sinalan dende o PP en referencia ao edil de Deportes, Argimiro Serén. O voceiro conservador Tomás Fole, esixe coñecer as reunións previas que se realizaron para preparar a proba e “velar” pola súa seguridade. “¿Onde están os informes técnicos, os plans de seguridade, as reunións de traballo?”, pregúntanse desde o PP que conclúe que “non se pode seguir permitindo esta forma de gobernar. Confiar todo á sorte para esperar que non ocorran problemas é a filosofía socialista ata o de agora”. Tamén dende o BNG cualifican de “inxustificable” que se suspendera o evento “por cuestións organizativas, sendo responsabilidade do propio Concello velar polo cumprimento das medidas de seguridade”. Por iso os nacionalista reclaman explicacións ao edil de Deportes e ao propio alcalde, Alberto Varela. Os conservadores estenden as súas críticas a Pérez Callón. . “Voltamos ás cabeceiras das informacións nacionais polas chapuzas do goberno municipal”, aseguran desde EU, que esixe que se aclare “de quen foi o erro de non dotar as dúas lanchas de asistencia para a proba a nado”. En calquera caso, os xuíces non viron problema en seguir cunha sola embarcación. O goberno local, pola súa banda, ampárase nas ordes de Tráfico, que desautorizou o peche da Vía Rápida por falta de voluntarios para vixiar os cruces. 
A organización, GSV Sport, nega este extremo, pero fontes do dispositivo poñen como exemplo que unha sola persoa controlaba a enorme rotonda de Santa Mariña. Tampouco houbo reunión previa para o dispositivo de seguridade. GSV Sport  esixe a Ravella unha “desculpa pública”. Concello e organización recompilan documentación para denunciarse mutuamente.

A oposición esixe “dimisións” polo caos do Triatlón e o goberno ampárase en Tráfico

Te puede interesar