“Perdín a esperanza de saír con vida cando pasaron varios barcos sen vernos”

“Perdín a esperanza de saír con vida cando pasaron varios barcos sen vernos”
Diario de Arousa-2014-04-20-001-7b82f917

Leva as marcas do naufragio no rostro pero sobre todo no corazón. Garda gratos recordos para os compañeiros falecidos, palabras de agradecementoo para o patrón e o armador e so unha queixa: Para o hospital onde o atenderon porque “non me deron roupa, é unha cuestión humanitaria”. Agora xa pensa en recuperarse e voltar ao mar, onde leva cinco anos traballando.

¿Qué facía vostede cando se produce o accidente? ¿Como o recorda?
Pois estaba nas máquinas, engrasando. Estabamos a piques de rematar, faltábamos ese cupo de mil caixas e xa voltábamos para Marín. Eu notei que escoraba e pareceume raro. Salín disparado para arriba porque xa vin tamén á xente gritando. E logo afundimos.

 ¿Que fai nese momento, salta ao mar?
Non tiña salvavidas, todo quedou ao fondo. Había que saltar. Tiven que quitarme de enriba unha barra de ferro e fun para abaixo dúas veces pero non te podes deixar ir. Tes que salir da forma que sexa.
¿Que pensou vostede? ¿Realmente cría que ía a sair con vida dalí?
Non, a verdade é que non. Pasei moita angustia sobre todo ao ver aos compañeiros que empezaron a desfalecer, a quedar atrás. Eu pasei moito frío porque ademais en máquinas vas con moi pouca roupa. Ao principio notas moita dor pero logo xa non sintes nada. O peor é a angustia que se sinte neses momentos.
¿E que se lle pasou pola cabeza neses momentos?
Pásase todo como unha ametralladora. Ao primeiro non, estás coa idea de saltar porque aínda non o acabas de crer, pero cando pasa o tempo é moi duro. Como non esteas mentalizado... Eu creo que eso foi o que lle pasou a algún dos compañeiros que morreu porque empezaron a rezar en alto, a decir “Sálvame Fátima”...

¿Vostede non é crente? ¿Non rezou?
Eu si que son crente pero o que pensaba neses momentos era na miña familia. As que me deron forza foron a miña muller e as miñas fillas, Sara e Alba.

 ¿Canto tempo calcula que pasou baixo o mar?
Dúas horas, máis ou menos. Houbo momentos nos que perdín a esperanza porque pasaron varios barcos por alí e non nos viron. Foi o “Mar de Galicia” o que deuse de conta de que faltabamos, pero sería sobre a unha da tarde cando nos rescataron. Nese momento olvideime de todo. Soamente oía o ruido do helicóptero. Logo xa espertei no hospital.

¿Agora que o ve desde a distancia que cre que pasou?
Foi fatalidade. O patrón deu orde de alargar a rede e en algo debeu de enganchar. Non foi culpa de ninguén. O barco estaba en perfectas condicións, aínda o puxemos a punto hai uns meses. Temos un bo armador que se preocupa moito por nós e agora mesmo está destrozado, ao igual que o patrón, porque eles responsabilízanse aínda que non teñen culpa de nada. O que sí me gustaría pedir é que melloren os sistemas de seguridade en caso de volco. Porque se afunde o barco saltan todos os resortes pero se volca non, nin as balsas salvavidas nin a radio baliza. Eso deberían de miralo

E agora tómase un descanso e volta ao mar...
Non queda outra. Teño que descansar un días porque hai que declarar e todo, pero voltarei ao mar. Esto foi unha fatalidade que non recomendo a ninguén. n

 

“Perdín a esperanza de saír con vida cando pasaron varios barcos sen vernos”

Te puede interesar