O PSOE plantea ao Pleno crear un Punto de Encontro para familias en conflito

O Partido Socialista de Vilagarcía presentará unha moción no próximo Pleno da Corporación para lograr o apoio do resto das formacións e instar á Xunta de Galicia a que cree un Punto de Encontro en Vilagarcía para familias en situación de conflito. A voceira do grupo municipal socialista, Tania García, asina a moción do seu partido e apunta que a idea desta posta en marcha é “garantir a existencia dun lugar axeitado que facilite a relación materno ou paterno filial, asegurando o benestar e a seguridade dos menores de familias en situación de conflito”. De feito, apuntan os socialistas, “este servizo converteuse nun recurso imprescindible para a nosa sociedade e vén incrementando a súa demanda de maneira exponencial”.

Características
O PSOE incide en que os Puntos de Encontro familiar “constitúen un equipamento social, de carácter neutral e especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente”. Isto ten por obxecto, din, “favorecer a relación entre os menores e as súas familias cando nunha situación de interrupción da convivencia familiar o exercicio do dereito de visitas resulte difícil e conflitivo”.

Explican os socialistas que a intervención do Punto de Encontro pode darse de dúas formas, mediante as entregas e recollidas do menor a través do mesmo ou servindo de espazo para que se leve a cabo a visita do menor co seu pai ou súa nai.

O PSOE defenderá no vindeiro Pleno da Corporación a tese de que o citado Punto de Encontro é un recurso social fundamental que debe adoptarse nunha contorna segura e accesible. Din os socialistas que as familias de Vilagarcía que actualmente precisan deste servizo deben acudir ao Punto de Encontro que hai en Pontevedra, que é o máis próximo. Iso, según a moción socialista, supón para moitas familias unha verdadeira dificultade dado que moitas, por problemas económicos, non poden asumir os desprazamentos ata a capital de provincia. Aparte o punto de Pontevedra adoece de persoal..

O PSOE plantea ao Pleno crear un Punto de Encontro para familias en conflito

Te puede interesar