As Revenidas, cuño 100% galego

As Revenidas, cuño 100% galego
Diario de Arousa-2014-07-24-007-64b6306d

Non solo da música vive As Revenidas e esa foi precisamente unha das cuestións que dende A Repichoca quixeron destacar na presentación da décimo primeira edición dun festival con cuño 100% galego. Aparte dos concertos “bravú” cos que vibrarán miles de persoas na zona portuaria, a asociación vilaxoanesa ten preparado todo un compendio de actividades paralelas para que os tres días de celebración dean para moito. Así pois entre as novidades desta edición (22, 23 e 24 de agosto) está unha feira de produtos galegos donde todos aqueles que se acheguen poden atopar de todo, dende libros a artesanía. Por outra parte a Praza de Abastos acollerá un espazo específico para a arte creativa da man de “desorde creativo” con decoración interior do edificio, así como charlas e actuacións en acústico.
As Revenidas é un dos festivais que soubo conectar á perfección a actividade diurna coa nocturna, e tamén aquela que é de pago (coma os concertos) como a que é de balde.
Así pois, para aqueles que queiran gozar de Vilaxoán pola tarde, no sábado terán a posibilidade de vibrar co Trío Bombo Tambor e coa Compañía do Ruído que non deixarán indeferente a ninguén, nin aos máis pequenos da casa nin tampouco aos máis veteranos. Como non podía ser doutro xeito a maxia e o circo tamén estarán presentes no evento que, edición tras edición, se realiza en solidaridade co pobo saharaui.
A tarde do domingo, e como hai nomes que non poden faltar no cartel das Revenidas, será cousa da irreverencia de Peter Punk que ten en Vilaxoán a súa segunda terra e cuxo espectáculo “Peor imposible” fará as delicias dos presentes.
Cabe recordar que a edición presente das Revenidas estará adicada ao vinte aniversario do bravú galego. Así pois, entre as xornadas do 22 e do 23 os dous escenarios portuarios serán testemuños da mellor música do país. Heredeiros da Crus, Os Diplomáticos de Monte Alto, Dakidarría, Leo e Arremecaghoná, Ultraqáns, Sés ou Rastreros son algunhas das propostas xa confirmadas.
O director de Agadic, Jacobo Sutil, destacou a potencialidade de As Revenidas como festival que sabe “defender como ninguén as industrias culturais galegas”. De feito, entre as cuestións que definen a este festival como característico están a da convocatoria da segunda edición de Grupos Galegos Emerxentes, un certame do que sairá o nome dun grupo que galego que actuará na xornada do sábado en Vilaxoán.
Un dos responsables da Repichoca, Boby Boullosa, matizou que As Revenidas é un festival que pode presumir de ser “100% galego e profesional” e un dos que reúne, en toda a súa historia, a un maior número de grupos da terra.
Cabe recordar que As Revenidas continúa esperando pola denominación de Festa de Interese Turístico Galego. Foi o alcalde, Tomás Fole, o que confirmou que “a primeira vez veu denegado, pero está en proceso de recurso e esperemos que este sea tido en conta”.
Os bonos rebaixados que dan acceso aos tres días de festival xa poden adquirirse a través da web a un prezo de 15 euros (logo serán 18). O prezo individual venderase a 10 euros-día anticipado, 12 no taquilleiro. n

As Revenidas, cuño 100% galego

Te puede interesar