As Revenidas xunta a máis de 12.000 persoas en Vilaxoán

As Revenidas xunta a máis de 12.000 persoas en Vilaxoán
Diario de Arousa-2015-08-27-004-6b929f99_1

Máis de 12.000 persoas xuntáronse durante os tres días nos que se desenvolveu a XII edición de Revenidas. Unha cita que bateu as marcas de anteriores anos polo número de asistentes así como pola calidade e cantidade
das propostas artísticas. O festival confirmase coma unha das citas musicais imprescindibles de Galicia.
Satisfacción xeral e profesionalidade son as sensacións que se desprenden en Vilaxoán logo dunha festa que pasará á historia desta vila mariñeira de Vilagarcía de Arousa. a pesares de que as condicións meteorolóxicas, durante a xornada do sábado consumíronse 1.000 quilos de sardiñas, superando anteriores anos. A Gran Sardiñada Popular, orixe do festival, convértese nunha tradición moi seguida polos veciños e veciñas da vila mariñeira, que a chuva e o vento non impediu celebrar en familia.
A organización agradece aos máis de cen profesionais que fixeron posible esta exitosa edición do Festival. Durante toda a fin de semana, a organización fixo un seguimento e control das
previsións meteorolóxicas para garantir a seguridade de artistas, traballadores

As Revenidas xunta a máis de 12.000 persoas en Vilaxoán

Te puede interesar