A rúa Juan Carlos I deberá estar libre de coches hoxe a partir das oito da tarde

A rúa Juan Carlos I deberá estar libre  de coches hoxe a partir das oito da tarde
Vilagarcía. Carretera en mal estado en As Carolinas.

A rúa Juan Carlos I deberá estar libre de vehículos dende hoxe a partir das oito da tarde. Así o informan dende o corpo da Policía Local que é o encargado de dirixir todo o operativo de tráfico para que o Ministerio de Fomento poida proceder ao asfaltado deste castigado e céntrico vial.
Tal e como apuntaron fontes municipais o asfaltado adiántase ás nove da noite e a empresa adxudicataria executará todo o traballo de noite, polo que se espera que a travesía poida estar aberta ao tráfico rodado á primeira hora da mañá de mañá venres. A elección do horario nocturno fíxose precisamente co obxectivo de non afectar ao intenso tráfico rodado que soporta a diario esta travesía.
Entre as nove da noite e as oito da mañá o tráfico entre As Carolinas e Carril desviarase en dous puntos principais: A rotonda de Luz Salgada e a do Ramal, podendo dende estas dirixirse a un ou outro extremo da cidade ou ao interior do casco urbano a través de Rodrigo de Mendoza ou Rivero de Aguilar e Valle-Inclán. Para os coches que queiran circular polo centro urbano exclusivamente sinalizaranse desvíos secundarios intermedios por rúas como Arcebispo Xelmírez.
En calquera caso dende o Concello confían en que a incidencia desta obra no tráfico sexa mínima, xa que os vehículos en horario nocturno son nun número moito máis reducido en comparación co que se rexistra durante o día.
O asfaltado da rúa Juan Carlos I faise previ o a cesión da titularidade deste importante vial do Ministerio de Fomento á administración local que leva requerindo este trámite dende hai meses.

A rúa Juan Carlos I deberá estar libre de coches hoxe a partir das oito da tarde

Te puede interesar