Santa Rita bailará swing nunhas festas que non olvidan as súas raíces verbeneras

Santa Rita bailará swing nunhas festas que non olvidan as súas raíces verbeneras
Diario de Arousa-2016-05-17-007-bb0fb617_1

Un espectáculo de swing, a cargo da Garufa Blue Devils Big Band, será unha das principais novidades das festas de Santa Rita. Será na Xunqueira o mesmo domingo 22. Un día antes subirase ao escenario o exRonaldo Coque Malla, que presentará “El último hombre en la tierra” nun concerto gratuito. A parte musical é so un ingredente máis dunhas festas que, como recordou a concelleira de Cultura, Sonia Outón, non perden as súas raíces verbeneras e relixiosas.
Comezarán o venres coa inauguración da Feira Celta. A excavación do Castro Alobre da novos aires a este evento tan típico das festas vilagarciáns, que retrocede uns siglos a súa ambientación. Será no entorno da Xunqueira pero outra rúa, a de Covadonga (ao carón da Praza de Galicia), acollerá durante estas festas unha Festa do Libro, con numerosas actividades. A poesía será outra das protagonistas. Ao recital previsto para o sábado ás 18:30 horas acudirá o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, para honrar a Manuel María.
Un festival folclórico, co agrupacións de Portugal e Badajoz, ademais das locais, unha exhibición de takwondo e actividades para nenos completan un programa no que as verbenas corren a cargo de Ritmo Joven e La Fórmula (o venres) e Passarela (o domingo). Serán na rúa Alexandre Bóveda (a da Praza de Abastos). Unha amplia oferta que se completa cos tradicionais postos de pulpeiras e rosquilleiras, que amenizarán a festa.

Santa Rita bailará swing nunhas festas que non olvidan as súas raíces verbeneras

Te puede interesar