Villaronga propón un plan de emprego para mulleres e mocidade

Villaronga propón un plan de emprego para mulleres e mocidade
Diario de Arousa-2015-05-17-004-5e549818

O BNG defendeu onte a oficina do INEM de Vilagarcía, medidas dirixidas ás mulleres de máis de 50 anos que se viron obrigadas a abandonar o seu traballo para atender a fillos ou familiares, de forma que tras unha vida laboral de 30 ou 35 anos, aos 50 son despedidas ou deben pechar os seus negocios.
A formación nacionalista tamén defende un plan de emprego dependente da Consellería de Economía e Industria, co obxectivo de que o Goberno galego “tome en serio” a situación da perda de 1.900 postos de traballo femininos no ámbito industrial. “Soñamos cunha cidade e un país no que as mulleres poidamos decidir”, salientou María Villaronga.
O BNG denunciou, tamén, o éxodo da mocidade galega, o drama da emigración que afecta a máis de 100.000 mozos dende que Feijóo chegou á Xunta.
María Villaronga abundou en que o BNG avoga pola creación dun plan de emprego en Vilagarcía de Arousa “concibido como un plan de choque para tres sectores prioritarios: A mocidade, os parados e paradas de máis de 50 anos e as mulleres que sofren duplamente a precarización”.

Villaronga propón un plan de emprego para mulleres e mocidade

Te puede interesar