Xabaríns e nutrias arrasan coa produción de ameixa nos parques de Carril

Xabaríns e nutrias  arrasan coa produción de ameixa nos parques de Carril
Copia de Diario de Arousa-2015-05-17-010-5e40c886

Os xabaríns de Cortegada arrasaron nestes días coa produción de ameixa dos parques ubicados preto da Fangueira. Non é a primeira vez que sucede e algúns concesionarios están a tomar medidas para impedirlles o acceso con vallas de obras e botellas de vidrio. “Só van aos parques que teñen marisco. A min coméronme toda a ameixa babosa que tiña no viveiro por sio tomei medidas”, dice Rosario Maneiro. A presidenta do colectivo Virxe do Carme asegura que xa viu alomenos oito xabaríns e algunha nutria merodeando polos parques. “Xa o puxemos en coñecemento de Mar e tamén de Illas Atlánticas, pero non fan nada”, advierte.
Os afectados coñecen perfectamente o percorrido que cada noite realizan os xabaríns que se moven en manadas de ata oito. “Baixan polo mirador de A Rosa ata Cortegada e polo camiño van arrasando con todo”, di a presidenta da asociación Virxe do Carmen.
Algunhas noites fixémoslle a espera, pero se baixan en manadas moi numerosas temen que poidan facerlles dano. “Se ves a un podes botalo do parques, pero se veñen varios pois non vou a poñer en risco a miña integridade física”, di Maneiro.
As medidas de vallar os parques e as botellas para fastalos polo ruido non están tendo os froitos agardados e xa foron varias as persoas que acudiron á delegación de Mar a Carril a denunciar a situación.
Algúns contabilizan perdas moi importantes porque ademais da cantidade a ameixa rozaba xa a talla comercial polo que a inversión realizada no parque hai que sumar os traballos e esforzos realizados na produción por cada parquista.
Non é a primeira vez que ocurre. Xa é a segunda primavera que os xabaríns arrasan a produción dos parques sen que niguén lle poña freo.
Os parquistas no son os únicos preocupados polo incremento do número de xabaríns na illa.
Os amantes das setas tamén alertaron de que estos animais están arrasando a gran riqueza micolóxica que sempre caracterizou á illa na que chegan a medrar 600 tipos de setas diferentes. Esa cantidade convertiuse na illa carrilexa no enclave micolóxico máis importante de España e nun dos máis importantes de Europa. Os xabaríns están protexidos e unha batida nesta época de cría está totalmente descartada pro Medio Ambiente.

Xabaríns e nutrias arrasan coa produción de ameixa nos parques de Carril

Te puede interesar