“A xente empeza a asumir o cantar en galego como normal”

“A xente empeza a asumir o cantar en galego como normal”
Diario de Arousa-2015-03-04-009-e13ab5ef

Guadi Galego forma parte dunha nova xeración de mulleres que están rompendo moldes no mercado musical cantando na súa lingua materna. Este sábado a que foi durante anos a voz do grupo Berrogüeto presenta no Salón García o seu segundo disco “Lúas de Outubro e Agosto”. Será ás sete da tarde e as entradas custan 5 euros.

Segundo disco cun éxito abrumador e cun videoclip visionado xa por máis de 35.000 persoas...
Si, a verdade é que estou moi satisfeita da resposta que o público galego está dando a este último traballo. Este segundo traballo é máis de autora, de composición, cun estilo moito máis pop. Digamos que é un pouco distinto ao que eu acostumaba a ofrecer.

A qué se debeu este cambio de estilo no segundo traballo?
Pois supoño que é froito da evolución tanto persoal como artística. A propia evolución é a que te leva a este tipo de necesidades e a intentar probar outras cousas. O traballo conxunto con Pachi García, que é o produtor do disco, foi o que levou a este resultado final.

Pertences a esa xeración de artistas que optan por usar o galego nas súas composicións, pese a que son moitos os que din que iso pecha portas...
Eu penso que, alomenos no que se refire ao tema da canción en galego, a situación tense normalizado moito. A xente ten asumido que grupos e artistas opten por cantar en galego como algo normal. Eu creo que nun mundo globalizado como o que temos hoxe en día son este tipo de cousas as que ten fan diferencia e as que te distinguen da maioría. Evidentemente isto é só o principio porque en xeral no tema da normalización da lingua queda aínda moitísimo camiño por percorrer

Aparte de en Vilagarcía, Guadi Galego terá concertos por toda Galicia e en Madrid.

“A xente empeza a asumir o cantar en galego como normal”

Te puede interesar