Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Domingo 16 de Noviembre 2008 O Grove

Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página |


Pérez critica que o alcalde “bote as culpas a outros” da ausencia do PXOM

REDACCIÓN > O GROVE

O Partido Popular criticou a ralentización dos grandes proxectos na localidade e lamentou que o alcalde, José Antonio Cacabelos, opte por “botar as culpas a outros”, nomeadamente en todo o que se refire ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Segundo Miguel Pérez, líder local do PP, Cacabelos “xa non ten máis recurso que culpar ao noso partido da ausencia do PXOM”, unha acusación “tan falsa como infantil”, por canto “o anterior goberno local foi quen de avanzar na súa elaboración e foi o cuatripartito o que paralizou o documento, xa que o único paso que dou en relación con él foi despedir ao equipo redactor sen que, ata agora, teña plantexada unha alternativa”.

Miguel Pérez quixo lembrar que o Plan Xeral de Ordenación Municipal foi unha das promesas estrelas do PSOE nas eleccións municipais do 2007, “unha das actuacións que consideraba máis urxente, pero xa se ve o concepto de urxencia que ten ese partido e o respecto polas súas propias promesas”.

Desinterese da Xunta> Pérez critica tamén que o bipartito da Xunta “fixera tantas promesas electorais e, sen embargo, agora non se ve por ningures a colaboración entre ámbolos gobernos teoricamente amigos”.

Nese sentido, resalta que “o que si se ve é unha falta de interese por parte da Xunta cara este municipio e unha lentitude á hora de traer proxectos que se suma á do Goberno local, o que está a supór un grave retroceso para O Grove, que contrasta con tanto avance prometido”.

“Que ano e medio despois de comprometerse a converter o noso municipio na locomotora do Salnés admita que non o conseguiu e dea un novo prazo para pasar das palabras aos feitos demostra que temos un Goberno que non gobernou e que enganou aos cidadáns”.

Para Pérez, o balance máis significativo da experiencia do cuatripartito é “a ausencia de iniciativas e de grandes obras, os problemas persistentes e os conflictos con veciños e sectores empresariais e sociais”.

Pérez espera que a situación actual, que define como un “fracaso”, e as declaracións do alcalde sobre a preocupación pola lentitude de certos proxectos sirva para “facerlle reflexionar e poñerse as pilas”, de xeito que “non teñamos que esperar ás próximas eleccións municipais para escoitarlle outra vez que o seguinte mandato será o dos feitos e o do cumprimento dos compromisos adquiridos”.





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa