Comerciantes locais denuncian que se vetou a súa presencia na Feira Mariñeira
REDACCIÓN > A POBRA
A Feira Medieval Mariñeira, que se celebra en A Pobra do Caramiñal dende hoxe e ata o domingo, comeza rodeada de polémica, xa que a Asociación do Pequeno Comercio O Deán mostrouse moi crítico co Concello polo xeito no que organizou este evento. Denuncian que algúns dos membros de O Deán solicitaron participar na feira xa que os seus produtos encaixan coa temática, pero a súa solicitude foi denegada por tratarse dun evento pechado, asegura este colectivo, que engade que a empresa organizadora encárgase de todo, ata de traer os postos que formarán parte da feira.Por outra banda consideran que non é apropiado que ninguén lles informase de que se ía a realizar esta celebración: non nos explicaron en que consistía, nin quen podía participar ou non, e tivemos que enterarnos a través da cartelería que a anuncia ou pola prensa, sosteñen os membros da asociaciación de comerciantes O Deán. Indican que esta situación prodúcese porque no noso concello carécese dunha política comercial axeitada á nosa realidade, na que todos poidamos dar a nosa opinión ou aportar as nosas ideas á hora de levar a cabo accións coma esta feira.
|