Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Viernes 25 de Julio 2008 O Barbanza

Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página |


O veleiro “Deusa Maat” atracará na cidade para denunciar a contaminación marítima

M. ANGUEIRA > RIVEIRA

O veleiro “Deusa Maat” nunha das súas accións ecoloxistas.
O veleiro “Deusa Maat”, da confederación Excoloxistas en Acción, atracará en Riveira durante dous días para denunciar as actuaciós que están a “desfacer” a costa galega e, en especial, as ameazas sobre o litoral do municipio e o Complexo Húmido de Corrubedo.

Este colectivo ecoloxista apunta que a zona de Corrubedo é un dos “puntos negros” do litoral galego, especialmente ante a ameaza de tres proxectos de piscifactorías, de aí que elixisen á cidade riveirensepara desenrolar estes actos de protesta e denuncia.

A Confederación Ecoloxistas en Acción, a organización galega “Verdegaia” e mailos colectivos locais “Plataforma Medioambiental de Corrubedo” e “Altofalante” presentarán no porto deportivo de Riveira o Informe Bandeiras Negras correspondente ao ano 2008, no que analizan a saúde da costa do estado español e alertan sobre as zonas que sufren unha maior contaminación e riscos ambientais. En dito informe, ademais, faise expecial fincapé nos factores económicos e urbanísticos que están a desencadear “unha crise ambiental de fondo calado social”, apuntan estas organizacións.

Presentación > O informe será presentado por Jorge Saéz, voceiro da área Mariña de Ecologistas en Acción; pola asociación “Verdegaia”; por Manuel Santos, presidente da “Plataforma Medioambiental de Corrubedo”; e por Luís Teira, de “Altofalante”.

Durante os dous días nos que o veleiro permaneza atracado en Riveira ofrecerase ó público que se achegue ata o porto deportivo do municipio a posibilidade de que coñezan esta embarcación por dentro, ofrecerase información á cidadanía para concienciala sobre o problema que supón para o medio ambiente a contaminación mariña y tamén se levarán a cabo actividades dirixidas ao público infantil, para que coñezan tamén as ameazas que sofre a costa galega.





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa