Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Viernes 25 de Julio 2008 O Barbanza

Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página |


Colomer insta a Augas de Galicia a axilizar as obras de saneamento en Vilar-Vixán

REDACCIÓN > RIVEIRA

O alcalde de Riveira, José Luis Torres Colomer, realizou xestións co organismo Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, ó que pediu que axilice o remate das obras de saneamento en Vilar-Vixán, na parroquia de Carreira.

Esta actuación, que conta cun orzamento que ronda os 260.000 euros, foran adxudicadas á empresa Seixo, que non puido rematalas debido á súa mala situación económica. Non obstante, as obras están moi avanzadas e diversos veciños puxéronse en contacto co Concello para reclamar a súa finalización. Ante esta situación, Torres Colomer, contactou con Augas de Galicia, cuxos responsables lle informaron que as obras se van rematar “coa maior celeridade posible”.

Os traballos localízanse nas inmediacións dunha das zonas estrela da oferta turística de Riveira, como é o complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán. Por iso os veciños e o Concello consideran de gran importancia rematar estas obras de saneamento, “xa que se atopan nun territorio cun alto grao de virxindade e que merece unha atención preferente na súa conservación”.





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa