|
|
PORTAS
Portas pola Igualdade oferta varios cursos nos que tamén poden participar non asociados
REDACCIÓN > PORTAS
A asociación Portas pola Igualdade oferta varios cursos nos que poden inscribirse tanto membros do colectivo como persoas non asociadas. As accións formativas que se propoñen son un curso de coidado de nenos, organizado a través da Deputación de Pontevedra dentro do programa Pensa en ti e que será gratis para socios e terá un prezo de seis euros para os demais participantes. Tamén se levarán a cabo dous obradoiros de traballo que custarán dez euros aos non asociados, un taller de contacto coas novas tecnoloxías e un curso para aprender claves coas que elaborar o currículum vitae. O prazo para inscribirse en todas estas actividades que se desenvolverán na Casa da Cultura ou nas instalacións da Azucareira permanecerá aberto ata o vindeiro día 20 de xuño. As persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 615 32 84 82.
|
|
|