Deste xeito esta empresa e o concello seremos socios, co cal o goberno local descontará os gastos derivados da posta en funcionamento da carpa de degustación para repartir logo os beneficios que se poidan obter e que poderían rondar os 60.000 euros.O rexedor municipal lembrou que ofrecemos a posibilidade de xestionar a carpa aos hosteleiros da vila, pero non lles interesou porque na semana do Albariño teñen un cheo total e teñen que ocuparse dos seus negocios.
Ante esta circunstancia, o goberno local viuse na tesitura de explotar a carpa directamente ou acadar un acordo cunha empresa privada, que ao final foi a decisión adoptada. Despois saberemos os números reais do beneficio que se pode obter na Festa do Albariño e logo volver a sacalo a concurso por un periodo de catro anos.
Pola súa banda, Carlos Padín, xerente da empresa Productos de Galicia (Prodega), radicada no Grove, destacou que todo o que se sirva na carpa será da comarca e neste sentido indicou que o pan é de Cambados, o viño do Salnés, o marisco das empresas da zona e o persoal tamén é da comarca.
Asimesmo, indicou que unha das novidades previstas para este ano será a inclusión dun servizo de bocatería, máis que nada pensando na xente moza. Neste punto, Carlos Padín remarcou que as salchichas e as hamburguesas que se servirán estarán feitas na Lanzada e en Baión, polo que todo queda na comarca.
Polo demais, relatou que os pratos máis demandados soen ser o polbo á feira, arroz con mariscos, ameixas, mexillóns e vieiras, navallas e zamburiñas á plancha, un prato que cada ano ten máis aceptación nas diferentes feiras que organizan na península.
A carpa comezará a servir comidas a partir de mañá e continuará ata mediados de agosto.
Cores Tourís dixo tamén que o viño albariño que se servirá na carpa procederá de todas as adegas que teñen un stand no Paseo da Calzada. Foi un acordo ao que chegamos coas adegas, dixo.
Noutra orde de cousas, o alcalde dixo que a inauguración oficial da Festa do Albariño ten que retrasarse media hora a petición do conselleiro de Medio Rural. Como queremos que estea na inauguración da Festa, xa falamos co Consello Regulador para decirlles que se retrasa todo ata a unha e media para que Suárez Canal poida estar con nós.