A Festa do Albariño acollerá a XX Edición Cata - Concurso Rías Baixas-Albariño, que terá lugar durante o sábado e o domingo 2 e 3 de agosto, no salón de actos do Parador de Cambados, e que contará coa participación de 64 marcas, entre os que destacan como novidade dous bodegas do Condado do Tea e unha da Ribera do Ulla. Así, o equipo técnico do Consello Regulador traballa na recollida de mostras das bodegas inscritas. De todas estas, só tres marcas alcanzarán un dos prestixiosos premios que as situará entre os mellores Rías Baixas-Albariño de 2007, nunha colleita cualificada como Excelente.
Para isto, o Consello Regulador contará cun panel de cata, composto por 20 expertos, pertencentes ó planel de cata interno do Consello, e un ó externo, realizado para a ocasión. Entre eles atópanse Paz Ivison, colaboradora de varias publicacións; Andrés Proensa, da Guía de Vinos Proensa e Planeta Vino; Cristino Álvarez, xornalista; Cristina Alcalá, sumiller; Juan Gómez Benítez, presidente da Asociación de Enólogos de España; Fernando Gurruchari, presidente da Unión Española Catadores; Jesús Gutiérrez Blanco, director técnico do concurso Nariz de Oro; Ceferino Cimadevila, presidente da Asociación de Sumilleres de Asturias y José Penín, da Guía Penín, entre outros.
O primeiro día da Cata-Concurso terá lugar a Cata Selección, unha primeira fase na que o conxunto dos vinte catadores se dividirá en dous para puntuar ós 64 vinos participantes.
Destes, os doce que obteñan a mellor puntuación por enriba dos demais pasarán á Cata Derradeira, que se realizará o domingo, e da que sairán premiados tres viños.