Os veciños de San Tomé honran hoxe a Santa Margarida cun amplio e variado programa de actividades entre as que destaca a sardiñada e mexilloada gratuíta que a organización do evento desenvolverá nas inmediacións da alameda e que, como cada ano, congregará a centos de persoas. A primeira hora da mañá, os pasarrúas a cargo de grupos de gaitas darán a coñecer ós habitantes que os festexos están por comezar. Porén, a festa empezará ás 12 do mediodía cunha demostración gastronómica, na que se lles ofrecerá de forma gratuita sardiñas e mexillóns a tódolos veciños e visitantes que se acerquen. Ó término desta degustación, ás 13:30 horas, terá lugar un concerto a cargo da Banda de Música Cultural de Ribadumia, que amenizará e porá final á mañá da celebración.
Procesión > A partir das 20:30 horas se oficiará unha misa solemne na capela de Santa Margarita, e ao seu remate sairá a procesión, que centrará o día e atraerá aos fieis para acompañar á Santa durante o percorrido.
Para clausurar o día, ás 22 horas San Tomé acollerá unha verbena popular, na que os veciños poderán gozar ata o último minuto, coas actuacións das orquestras Estrellas Azules e Latino. As festas na honra de Santa Margarita soen congregar a centos de veciños e turistas, que ven nesta celebración unha oportunidade de reunire e disfrutar das tradicións e, ao mesmo tempo, degustar unhas sardiñas e uns mexillóns cun bo viño.