O concelleiro de Turismo, Jorge Olleros, expuso onte no Consello Sectorial de Turismo, as bases definitivas e mailo pliego de condicións que terán que cumprir as empresas que queiran dispor de un stand na Festa do Marisco.O Concello introduce nesta edición varias novidades, unha delas é a diferenciación entre os proveedores comerciais particulares, os colectivos entre os que se atopa a Confraría, Insuíña e Amegrove e máis os stands que xestiona directamente o Concello.
Pero sen dúbida unha das cuestións que resultará máis conflictiva é o incremento do canon que deberán abonar as empresas ó Concello. Ata o de agora había un canon fixo do 18% para todos, sin facer distincións. Este ano, as empresas particulares pasarán a abonar un 22% do facturado e no caso de que as ventas superen os 50.000 euros o canon elevarase ata un 30%.
No caso de Amegrove, Confraría e Insuíña, que se encagarán da xestión da ameixa fina, mexillón e derivados, rodaballo e langostino vivo, a situación é diferente e o canon pasa do 18 ao 20%. Segundo explicou Jorge Olleros a porcentaxe de subida é menor porque estas entidades xa fan un esforzo promocional grande dos productos, ademáis de que teñen menor interese comercial. Olleros destaca tamén que parte dos beneficios obtidos por estas tres agrupacións son redistribuidos dentro dos seus propios colectivos.
Criterios de adxudicación > Jorge Olleros destacou onte tamén que o incremento da garantía definitiva pola nova lei de contratos fai que se modificaran os criterios de adxudicación. Antes dábanse puntos por ter participado xa antes na festa e agora esto elimínase.
Nesta edición, nos criterios de adxudicación só se valora a oferta económica, a experiencia desmotrable no sector da restauración relacionada co posto de promoción do producto, ser productor ou pertencer a unha cooperativa de productores, ser unha asociación sen ánimo de lucro de productores ou de acuicultores. Tamén terán en conta os rexistros de presentación de servicios, persoal, profesionalidade, carné de manipulador, etc.
Programa > O Consello Sectorial abordou tamén algunhas modificacións no programa da Festa. Por exemplo, o concerto de música que sempre se realizaba en setembro este ano farase nos días centrais da Festa, concretamente o venres día 3, coincidindo co inicio do evento.
En canto ó concerto, este ano preséntase un grupo musical máis mediático e outro de carácter local. Jorge Olleros destaca que o presuposto para o concerto redúcese este ano á metade, atendendo a un criterio de prudencia financieira pero sen perder calidade.
A entrega do Centolo de Ouro farase o venres, 10 de outubro, coincidindo co concerto folk.