Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Viernes 25 de Julio 2008 O Grove

Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página |


Vivenda e Concello destinan 231.000 euros a melloras en Virxe das Mareas

REDACCIÓN > O GROVE

Teresa Táboas e Carlos Álvarez Besada asinaron onte o convenio en Santiago.
A Concellería de Vivenda e o Concello de O Grove asinaron onte, a escasos días da celebración do pleno que dará luz verde á ubicación da EDAR en Laxe de Rons, un convenio para realizar diferentes obras de mellora en Virxe das Mareas. Serán en total 231.000 euros, en dúas anualidades.

A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, e o tenente alcalde do Grove, Carlos Álvarez Besada, asinaron un convenio de colaboración para a mellora e acondicionamento do barrio Virxe das Mareas e o seu entorno cun orzamento de 231.100 euros. A Consellería aportará o 80% do investimento, 184.880 euros, distribuídos en dúas anualidades: 64.880 euros con cargo aos orzamentos de 2008, e os 120.000 euros restantes con cargo aos de 2009.

O obxectivo desta actuación en materia de reurbanización de espazos públicos é humanizar o barrio que data de mediados do século XX, mellorando os actuais servizos urbanísticos, dotándoo de novos servizos, eliminando barreiras arquitectónicas e mellorando a comunicación das rúas.

Nese sentido, as obras contempladas no convenio de colaboración consistirán fundamentalmente na renovación das redes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais, e ampliación os servizos coa instalación de novas redes como a de gas. Ademais, colocarase mobiliario urbano para humanizar o entorno, e rematarase a urbanización das rúas e da praza existente, empregando materiais acordes co ámbito e poñendo en valor as vivendas.

Esta actuación enmárcase nunha das liñas de actuación da Consellería de Vivenda e Solo que consiste en fomentar a renovación e recuperación dos centros históricos ou doutros tecidos urbanos degradados en colaboración cos Concellos. O obxectivo é a creación de espazos públicos de calidade para a revitalización social e económica dos barrios.

Na actualidade, a través de convenios de colaboración cos concellos, a Consellería de Vivenda e Solo inviste un total de 20,5 millóns de euros para o bienio 2008-2010 distribuídos nun total de 61 concellos.

Satisfacción> Carlos Álvarez Besada, que iniciou as conversas coa Xunta nada máis chegar ó goberno do Grove, congratulase das inverións que este mesmo ano vai facer a Consellería de Vivenda e Solo no barrio de Virxe das Mareas. “Desde que entramos no goberno estamos xestionando un programa integral que deixará a Virxe das Mareas como un barrio modelico, esta primeira parte tratase da humanización do entorno onde adencentaremos as ruas e praza central con unha mesma tipoloxia e dacorde co entorno. As vivendas entran nun segundo proxecto que está a estudar a Consellería de Vivenda e Solo.”

O nacionalista afirmou que este ano “comezará unha parte do proxecto e para o vindeiro ano se fará a seguinte, na que o Concello tamén pon un porcentaxe.” O concelleiro afirmou que a finalidade das actuacións, é que “sexa un proxecto integral ainda que se faga en varias fases”.

Ladillo > Texto sin sangría

Texto sangría





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa