Os desafíos do sector da pesca e a acuicultura serán analizados no XI Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, que se realizará o 9 e 10 de octubre de 2008 en O Grove.Ambos sectores enfrentan problemáticas similares como o aumento do prezo do combustible e os desafíos tecnolóxicos como o uso de alternativas de enerxías renovables, que son importantes de analizar, segundo precisou o presidente do Comité Organizador do Foro, Manuel Rey Méndez. Por elo fixo unha invitación a participar do XI Foro aos representantes de centros de investigación, institucións públicas, estudiantes e empresas relacionadas coa acuicultura e a actividade pesqueira.
Segundo os organizadores, o programa desta undécima versión contempla cinco mesas de traballo sobre marisqueo e pesca de baixura, acuicultura, empresa e recursos, calidade do produto e biotecnoloxía.
Como en anos anteriores, os principais avances serán expostos por investigadores de Galicia, Andalucía e Canarias, entre outros. Sumado a elo, catro expertos internacionais darán a súa visión sobre temas como a producción industrial de moluscos e acuicultura en Norteamérica; as conservas no mar de Galicia; a I+D+i dos recursos mariños e a acuicultura e a xenética do mexillón.
É importante destacar, ademáis, que ese ano celebrarase o vixésimo aniversario do ciclo de charlas Cultivando o Mar, que realizará un reconto histórico dos 20 anos dos cultivos mariños, marisqueo e novos avances no cultivo da centola. Ademáis realizarase un taller de cociña de mar con destacados chefs galegos. Despois de vinte anos de analizar a información e avances sobre a acuicultura, este ano temos a oportunidade para probar e saborear estos productos, sostivo Jacobo Fernández, membro do Comité Organizador doForo.
Na mesa de Recursos Pesqueiros analizarase a influencia da clasificación de zonas de marisqueo no sector extractivo; as técnicas de sembra de semillas de moluscos en praias; o estado de conservación da lamprea nos ríos galegos e a pesquería e a organización do marisqueo de a pé.
Na mesa de Acuicultura analizaranse os 25 anos da acuicultura de peixes en Galicia; o cultivo de mexillón en Andalucía; os obxectivos e actividades de Acuicultura Sin Fronteras e o cultivo de pectínidos.