O VIÑO DE AUTOR EN MEAÑO
Galicia é un mundo en si mesma que non se podería explicar sen analisar as mil e unha festas que se producen nas nosas ciudades, vilas, parroquias e aldeas. O compoñente festivo está sempre ligado á gastronomía e ao bo viño. En Meaño estes días os amantes da festa, o bo xantar e o albariño artesanal ten unha cita obrigada. Aquí poderán comprobar como o xenérico Rías Baixas acada nome e sentido propio, cun toque diferenciador que fai que na variedade un atope o verdadeiro gusto. O Encontro co Viño de Autor de Meaño é sen dúbida unha cita obrigada para os amantes do bo viño e os interesados en descobrir novas sensacións olfativas e gustativas.
|