O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou onte o campo de fútbol de A Bouza, en A Illa de Arousa, para supervisar as labores que se están a realizar para reparar e manter o terreo de herba sintética. Louzán aproveitou para transmitir ao alcalde, Manuel Vázquez, e a varios representantes da Corporación que, unha vez rematados estes traballos, a Deputación entregará de xeito definitivo o mantemento destes campos aos concellos. Louzán explicou que a entidade provincial está a sufragar de forma íntegra a mellora do terreo nos 45 campos dos máis de 80 de herba sintética que se crearon nos últimos anos. Están a actuar nos que máis anos teñen, caso do de A Illa, que vai xa para un lustro.
Porén, o custe destes traballos por campo é considerable, da orde de 15.000 euros, polo que a responsabilidade do mantemento e conservación, a partir de agora, recaerá nos concellos, titulares das infraestructuras, algo que debe quedar claro, recalcou Louzán.
O alcalde, pola súa banda, agradeceu ao clube Céltiga o impecable comportamento e conservación do campo. Todos os días adestran e xogan neste terreo os 180 nenos da escola deportiva.
Este campo sintético permiteu aliviar o volume de actividade no de herba natural. A alta demanda de uso do mesmo motivou que o Concello crease baños e casetas, gradas e instalase iluminación. Estos últimos mantementos da Deputación tamén inclúen a revisión das drenaxes e dispositivos de rego, igualmente necesarios no céspede artificial.