Temen que xa se iniciaran as obras da antena, contra a que reuniron 154 sinaturas
LORENA FERREÑO> VILAGARCÍA
 |
| As obras dos transformadores iniciáronse onte pola mañá. FOLGOSO |
Os veciños do lugar de O Campanario en Bamio que dende hai varios meses se opoñen a instalación dunha antena de telefonía na finca dun apart-hotel preto das súas casas atopáronse onte pola mañá co inicio dunhas obras para a instalación duns transformadores.Os albaneles din que están instalando unhas tomas de terra, pero nós desconfíamos de que sexa o inicio das obras para colocar a antena de telefonía, di un dos veciños afectados. Ó parecer as obras están sospeitosamente colocadas preto da zona onde está prevista a colocación da antena Vodafone. Durante estes meses, o vecindario uníuse para recoller firmas ata alcanzar as 154 sinaturas. As firmas que recollemos só son das casas do perímetro dos afectados pola antena, pero apóianos toda a parroquia, comenta. Agora atópanse á espera dunha resposta por parte do Concello de Vilagarcía e da empresa ás alegacións presentadas ó proxecto e as alternativas de ubicación. Algunhas vivendas apenas están a vinte metros do hotel onde está prevista a base de servizos de Vodafone e os residentes da zona están preocupados polos posibles efectos perniciosos das radiacións electromagnéticas que producen estas antenas.
|