O pleno municipal que terá lugar o vindeiro xoves ás 18 horas contará cunha moción plantexada conxuntamente polos cinco partidos representados na mesa vilagarciá: Trátase dun manifesto en apoio aos empregados do gabinete de circulación da estación de ferrocarril de Vilagarcía.A pesar de que o gremio ameazado coa súa desaparición na cidade arousá é soamente este, o tenente de alcalde, Xosé Castro Ratón, non dubida en sinalar que queremos defender os postos de traballo de todo o colectivo de empregados da estación de tren, tanto os adicados á circulación dos convois como dos demais operarios, pois, tal e como entende o nacionalista, non valería de nada que se mantiveran estes postos e se perderan pola contra outros empregos.
Ademais, tamén destaca a moción presentada no último momento polo grupo de Esquerda Unida, que solicita que o pleno municipal expoña publicamente o seu rexeitamento a proxecto de liña férrea presentada pola Autoridade Portuaria para unir a vía principal co Peirao de Ferrazo.
Ademais, outros temas serán tamén debatidos polos 21 representantes dos veciños de Vilagarcía. Tamén cabe salientar a resolución de alegacións sobre as bases para a concesión de axudas do Programa de Inserción Social, pertencente a Servizos Sociais, gabinete presidido pola nacionalista Ana Lorenzo.
Outra moción presentada o vindeiro xoves será a do grupo de Independientes por Vilagarcía, liderado polo edil José Luis Rivera Mallo. Trátase de adicarlle unha rúa ao ex alcalde da cidade, Enrique Rodríguez Lafuente.
Por último, proporase a aprobación do plan específico para o desenvolvemento do PXOM. Os traballos para dar forma ao documento deron comezo hai apenas un mes.