Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Viernes 25 de Julio 2008 Vilagarcía


“A Rosa do Mar” será inuagurada oficialmente na tarde noite do xoves

A obra do escultor galego Xaquín Chaves, denominada “A Rosa dos Ventos”, será inaugurada de xeito oficial o vindiero xoves día 31. Será a partir das 21 horas e a ela asistirán todos os membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, ademais dos medios de comunicación.

A peza, dunha cor azulada que varía segundo a posición da luz solar e que se pode apreciar a centos de metros tanto dende Vilaxoán como dende Carril, foi instalada hai uns meses na esquina sur do Peirao de Ferrazo.

Esta obra de Xaquín Chaves naceu coa intención de servir de primeira imaxe para os buques que cheguen ata a rada de carga e descarga vilagarciana que cada vez son máis.

Non obstante, non será ata este xoves cando sexa inaugurada de xeito definitivo, en parte debido aos diferentes traballos de adecuación que tiveron lugar dentro do enorme espazo que ocupa o peirao máis novo da Autoridade Portuaria.

O ente presidido polo ex alcalde Javier Gago tamén ten previsto facer unha celebración por todo o alto en setembro, cando se inaugure a transformación definitiva do Peirao de Ferrazo, a insignia do futuro do estamento portuario vilagarcián, que se verá beneficiado nun futuro próximo pola apertura do acceso por estrada dende Rubiáns, obra que está a ser realizada polo Ministerio de Fomento e que tamén é un dos proxectos máis ambiciosos dos que se están a levar a cabo nestes momentos en chan da cidade arousá.





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa