Fajardo acusa ó goberno local de abandonar o barrio dos Duráns
REDACCIÓN > VILAGARCÍA
 |
| Juan Fajardo. |
O Grupo Municipal de Esquerda Unida, con Juan Fajardo ó frente, fíxose onte eco das queixas dos veciños do barrio dos Duráns plantexadas o pasado sábado durante a asemblea veciñal.O voceiro de EU pedíulle onte ao Goberno municipal celeridade nunhas obras que permitan dotar ós Duráns de beirarrúas ante o actual estado de abandono que presenta o barrio. Esta decisión é froito, según Fajardo, das numerosas queixas recibidas nos últimos días pola situación orixinada por varias inmobiliarias e empresas privadas que están a provocar unha situación de enorme risco no barrio sen que obteñan ningún tipo de sanción. O voceiro vai máis alá e concreta os casos no abandono dunha inmobiliaria na intersección das rúas dos Duráns e Otero Pedrayo, onde a estructura presenta cascallos cercanos a beirarrúa con perigo de derrube. Ademais, denuncia que hai máis dun mes que unha empresa de canalizacións ten aberto na rúa Otero Pedrayo un importante socavón, que presenta un deficiente balizamento e, polo tanto, supón un enorme risco de caídas de veciños e rapaces que frecuenten polo entorno.
|