Este anuncio tivo lugar durante a presentación das novas faixas que empregarán os 33 compoñentes do grupo da Farsa de Carril, que hoxe mesmo, a partir das 19:30 horas, honrarán ao patrón da localidade e de Galicia, Santiago Apóstolo, cos seus bailes.O acto contou coa presenza do edil de Cultura, Xosé Castro Ratón, e o responsable da organización da Danza das Espadas, Xosé Manuel Longa. Eles dous mostráronse especialmente ledos polo feito de recuperar unha tradición que me leva a rememorar as miñas primeiras representacións, cando tiña nove anos. E agora teño máis de 50, resaltou Longa. E é que os panos que portarán este ano as mozas e mozos que baliarán a Farsa serán de cores vivas e decoración profusa, chegados alén das fronteiras, como sucedía a comezos de século, costume perdida paseniñamente por mor de diferentes causas.
No tocante á creación da Asociación Galega de Danzas Brancas, Castro Ratón sinalou que o acto, no que participarán 25 localidades e que terá lugar o vindeiro mércores na Cañiza, servirá principalmente para dous fins: crear un foro de intercambio de ideas que leve a constituir un banco de datos que axude a preservar as tradicións, e levar a cabo anualmente un congreso de carácter etnográfico.
Por outra parte, Xosé Manuel Longa, que se alegrou da boa saúde da Farsa e do gran número de rapaces interesados en bailar na honra ao Apóstolo, pediu a colaboración da xente e dixo que deben darnos espazo para facer a representación sen agobios.