Xigantes e cabezudos danzaron polas rúas de Carril na compaña dos máis pequenos
 |
| A Raíña e o Papamoscas estiveron escoltados polos gaiteiros. |
Os xigantes e cabezudos danzando polas rúas de Carril deron o pistoletazo de saída ás festas na honra de Santiago Apóstolo. Os bonecos brincaron seguidos por unha multitude de rapaces que saíron ó seu paso de mañán e de tarde. Hoxe será a Farsa a que atraia todas as miradas a partir das sete e media da tarde. As festas pecharanse cunha verbena cargo das orquestras Marbella e Océano.
|