Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Jueves 27 de Noviembre 2008 O Grove

Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página |


Igualdade anima aos homes a participar das actividades contra a violencia de xénero

REDACCIÓN > O GROVE

A concellería de Igualdade e Benestar celebra hoxe os actos centrais convocados con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, despois da concentración cidadá de antonte.

Ás 20.00 comezará na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei unha mesa redonda sobre “As redes e colectivos sociais na prevención da violencia de xénero” que contará coa presenza do tenente de Alcalde e edil de Igualdade, Carlos Álvarez, da xefa do servizo da delegación da Vicepresidencia da Igualdade, Mayka Iglesias, a presidenta da coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres Victoria Iglesias, e un representante de Homes pola Igualdade, Celso Taboada, ademais da presenza da asesora xuridica do Centro de Información da Muller (CIM) do Grove.

Ás 21.30 celébrase a actuación do grupo de teatro Enxebre, que escenificará o trato machista “que abunda na nosa sociedade”, segundo indicou onte o concelleiro.

Desde ao Concello queren animar a todos os veciños a implicarsse nestas xornadas e asistir a estes actos, que se prolongarán o venres 28 con un obradoiro “Quérome” sobre sexualidade, organizado en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, para o que si é preciso anotarse previamente, xa que as prazas son limitadas.

“Queremos animar sobre todo aos homes, que somos os que necesitamos maior conciencia sobre estas cuestións, pero tamén as mulleres. Estamos aportando pasos importantes e queremos que sexan máis grandes, por iso queremos aumentar as actividades sobre este tema para crear maior conciencia social” afirmou o concelleiro.

Ademais, para decembro está prevista a celebración doutros talleres sobre actuación en casos de violencia de xenero, destinado ás forzas e corpos de seguridade co obxetivo de mellorar a súa efectividade na materia.





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa