Bea participará nun congreso internacional sobre as bandeiras azuis
REDACCIÓN > O GROVE
 |
| Alfredo Bea exporá o modelo de xestión dos areais mecos E.M. |
O concelleiro de Limpeza, Alfredo Bea, participará como orador nun congreso internacional sobre o vixésimo aniversario da Bandeira Azul, que se celebrará en Almonte (en Huelva, Andalucía) entre o 19 ao 21 de novembro, organizado pola Asociación de Eduación Ambiental e do Consumidor (AEAC).Segundo o concelleiro de Limpeza, o feito de ser convidados a este evento internacional ten o seu baseamento no feito de que a última visita dos inspectores da Adeac quedaron gratamente sorprendidos das condicións de limpeza e seguridade das praias, nas que se comprobaa o grande traballo desenvolto para subsanar todas as deficiencias de anos anteriores. O concelleiro ofrecerá a súa experiencia na xestión de praias xunto con representantes dos concellos de Cádiz, Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife) e Mont Roig del Camp (Tarragona) nunha mesa redonda que leva por tema Distintos problemas e solucións en praias con Bandeira Azul. Segundo sinalaron desde a Asociación, ao longo de todos estes anos o proxecto da bandeira azul, a iniciativa máis extendida a favor da sostenibilidade de turismo e do literal, contribuíu decisivamente á mellora das condicións das nosas praias e portos. O Congreso pretende analisar a labor realizada ata o de agora, para identificar e difundir as mellores boas prácticas nos distintos criterios Bandeira Azul, a nivel nacional e internacional, analisar o momento presente, para priorizar las necesidades, e descubrir novos desafíos de futuro e explorar as esixencias dun novo concepto de calidade global sostible, que Adeac vén perfilando e quere expoñer e consensuar cos distintos actores de Bandera Azul. Ademais, o Concello tamén estará presente cunha presentación do Golfiño Socorrista. Esta iniciativa, organizada por Protección Civil e destinada á educación dos nenos, desenvolveuse durante o verán en todas as praias con bandeira azul do Concello. Por medio do programa educouse aos bañistas de entre 8 e 18 anos nas nocións básicas de seguridade, saúde, primeiros auxilios e chamadas de emerxencias. O Grove contou o ano pasado con seis areais galardonados co distintivo de calidade: A Lanzada, Area Grande, Raeiros, Area de Reboredo, As Pipas e Area da Cruz. Historia > Extendida en case 50 países dos 50 continents, a iniciativa é a máis coñecida e recoñecida polas autoridades, poboacións e axentes turísticos, polo que conta con apoios no ámbio local, nacional e internacional, co respaldo de entidades como a Axencia de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA-UNEP), a do turismo (OMT-WTO) ou a ICUN, membros do xurado internacional que concede anualmente as Bandeiras Azuis. O congreso de Almonte analisará tamén o impacto das bandeiras no turismo, a directiva de augas ou o papel dos portos, entre outros factores.
|