Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Jueves 9 de Octubre 2008 Última Página


AUDITORIO MUNICIPAL > Andrés Domínguez e Gustavo Hervella ofreceron unha charla na que deron datos sobre a represión franquista en Arousa

Os tempos da Ditadura saen á luz en Vilagarcía

REPORTAXE DE L. G.

Andrés Domínguez e Gustavo Hervella ofreceron os datos sobre os represaliados. ÓSCAR VIFER
O Auditorio Municipal foi o escenario no que Andrés Domínguez e Gustavo Hervella achegaron datos importantes sobre a represión franquista da Guerra Civil e a Ditadura.

O proxecto de investigación desta etapa da historia de España, e sobre todo de Galicia, sae á luz grazas a un convenio entre as tres universidades galegas, xunto coa Consellería de Cultura e Deporte da Xunta.

Durante a conferencia que pronunciaron onte ao serán no Auditorio Municipal, Domínguez e Hervella achegaron datos relacionados con distintas persoas de Galicia que viviron algún tipo de persecución a causa da súa ideoloxía durante os tres anos da Guerra Civil e tamén durante a vixenca da Ditadura do xeneral Franco.

Na charla explicaron a metoloxía empregada durante o seu tempo de estudo para que o auditorio poida coñecer moito mellor a realidade desta etapa histórica.

Estrutura > O traballo comezou cunha serie de entrevistas, tanto a homes como a mulleres (aínda que maiormente eran persoas do sexo masculino), e a través delas foron chegando a distintas porcentaxes de falecidos, unha análise da que as vítimas se contan por profesións, sendo a maior parte deles operarios, artesáns e xente de clase media e profesional, así como as condenas ás que foron sentenzados no seu momento.

Evidentemente, nesta etapa de castigos os máis perxudicados foron os varóns que ocupaban os cargos anteriormente comentados posto que de case 3.600 persoas encarceradas, 3.511 eran homes, xa que eran os que levaban o pan aos fogares naquela época.

Esta conferencia acada un especial interese para todo o público xa que permite coñecer de preto unha realidade que marcou un fito na historia do noso país.





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa