A alarma saltou onte á tarde en Vilagarcía cando a ambulancia do 061 tivo que acudir á Rúa Valle-Inclán para atender un caso de accidente laboral nunha empresa da zona próxima á entrada ao peirao de Ferrazo pola Avenida de Pablo Picasso.Ata o lugar do suceso tivo que asistir tamén un vehículo da Policía Nacional para escoltar aos profesionais médicos desplazados á zona.
Cando chegou á empresa, a cristalería Valle-Inclán, o equipo de emerxencias do 061 atopou a un empregado da mesma ferido cun cacho de vidro incrustado nun brazo.
A peza que puxo en perigo a integridade física do traballador era dun tamaño considerable e provocoulle unha fenda de 15 centímetros que orixinou unha forte hemorraxia no brazo dereito.
Non obstante, a ferida, segundo os testigos presenciais, non revestía maior gravidade, se ben era bastante aparatosa e obrigou ao equipo médico desprazado a enviar ao ferido ao Hospital do Salnés.
Alí, os facultativos de Urxencias encargáronse de estabilizar ao paciente e de diagnosticarlle unha serie de contusións de pouca importancia.
Segundo parece, o accidente prodúxose por un erro humano na manipulación dunha peza de cristal de gran tamaño. Non obstante, todo quedou nun susto.