A chamada da fe...

Cada un é libre de pensar e de crer no que considere oportuno, pero gustaríame facer unha reflexión sobre un dos aspectos que rodean á Igrexa Católica e non me refiro xa á necesidade de facer autocrítica, corrixir comportamentos inmorais e delictivos ou a necesidade dunha redefinición na aplicación dos seus principios básicos, neses temas ten grandes e bos doctores a Santa Madre Igrexa.
Quérome referir a un aspecto máis práctico sobre o que non se incide demasiado e é a crise de vocacións xeralizada en todo o país que está levando aos sacerdotes que todavía están en activo (son un bo número aqueles que colgan os hábitos e deixan cada ano o labor evanxelizador no noso país) a facer unha auténtica maratón para poder atender as obrigas dominicais en todas e cada unha das parroquias que conforman a arciprestazgo do Salnés dentro do que é o Arcebispado de Santiago.
Mentras non se produza un sínodo cardenalicio e este Papa, ou o que veña, acabe por enmedar o erro histórico de manter apartadas do sacerdocio ás mulleres ou dar unha solución razonable a temas tan controvertidos como o do celibato, o problema vai perdurar de xeito persistente pondo incluso en perigo o futuro da continuidade do culto en moitos lugares da nosa xeografía, moi dispersos e cada vez menos poboados o que fan que se adopte como mellor solución a concentración encol de templos de poboacións de maior número de habitantes os oficios relixiosos.
Esta realidade deixa tamén en situación de desamparo ás zonas rurais que é precisamente onde maior número de persoas e fieis practicantes, sobre todo de avanzada idade, se dan co cal quedan prácticamente abandoados á súa sorte e sin un labor pastoral claro que moitas veces inténtase resolver a través de medios de comunicación audiovisual, pero que ata o momento, non tiñan a validez acaída pola propia Santa Madre Igrexa.
Unha solución para tentar paliar esta circunstancia é a posta en marcha das escola diocesanas laicas que pretenden servir de lugar de formación e homologación de coñecementos das persoas que se sinten chamada pola fe e que queren aumenta-lo seu compromiso social coa Igrexa, pero que non teñen previsto abrazar, como sacrificio individual, o de investirse como sacerdote ou relixiosas.
Esta realidade debería facer reflexionar aos responsables da Igrexa Católica e quizais se darían conta de que as políticas de igualdade tamén deberían ser de obrigado cumprimento neste tipo de institucións porque seguro que daqueles pós veñen agora este lodos, ou non? 

A chamada da fe...

Te puede interesar