Albariño chinés

O s datos da última vendima arroxan unha proxección optimista sobre o futuro do sector vitivinícola que consolida, con 33,3 millóns de quilos de uva, unha produción que superará os 22 millóns de botellas en toda a Denominación de Orixe Rías Baixas o cal fainos pensar nunha cantidade sostible para poder afrontar con certa comodidade o abastecementos de mercados tradicionais ou en expansión e a conquista doutros novos, especialmente en Asia.
Lembramos en Arousa aquelas visitas de chineses, auspiciadas por Rafael Louzán, como presidente da Deputación, e de Nava Castro, como responsable de turismo da Xunta, tentando achegar investidores asiáticos ao sector vitivinícola aproveitando o interese dos comerciantes chineses por facerse con plantacións e producións de camelios para explota-lo seu aceite, moi apreciado nese país.
Daquela, a misión comercial tivo a varias adegas como anfitrionas, especialmente Martín Códax, coa intención de despertar no xigante asiático un importante interese que revolucionara por completo o sector xa que cada vez é maior a introdución do viño nas celebracións gastronómicas e na vida social das clases medias-altas chinesas. E aí esta o noso forte, o poder ofrecer unha maridaxe especial entre os produtos do mar e o Príncipe dos Brancos.
Imos ver si o repentino interese chinés por todo o galego, incluido o Real Clube Celta de Vigo, provoca un auténtico fluxo de produtos da nosa terra cara o xigante asiático que, polas súas dimensións, farían que a apertura dese mercado para Galicia se convertera nun filón comercial de características únicas e incomparables.
Calquera que faga unha mínima comparación entre o mercado europeo e o asiático verá que estamos a falar de auténticas economías a escala e onde se precisa unha enorme produción para, cando menos, ser considerados como unha posibilidade de negocio para os distribuidores nese auténtico imperio.
Polo tanto, haberá que facer de necesidade virtude e convertir unha produción limitada para afrontar ese mercado nunha auténtica delicatessen, que non estea ao alcance de calquera xustificando para elo un prezo selectivo. Pero, para eso o sector ten que seguir traballando e insistindo nos protocolos de calidade e rozando a excelencia para mellorar posicións de cara a un futuro que non está moi lonxano.
Vexo xa a Gonzalo Durán aparcando os seus esforzos por chapurrear en alemán e ruso e poñéndose a estudiar chinés. O problema será determinar si será máis efectivo que o presidente da Mancomunidade do Salnés lle adique un maior esforzo a aprender o chinés na súa variante cantonesa ou mandarín, ou non?  

Albariño chinés

Te puede interesar