Desafecto administrativo…

n Cataluña levan un tempo discutindo acerca do desafecto coa administración estatal española. Agora que avanzan, dun xeito zigzagueante cara un proceso soberanista sin volta atrás aparente, resonan vellas cancións como aquela de Víctor Manuel que dicía no seu estribillo: “quen puxo máis, que incline a balanza, quen puxo máis calor, tenrura, comprensión…”, lémbranse vostedes?.
Para dar coa solución aos problemas moitas veces hai que ir á orixe do asunto e quizais neste tema ninguén sabe o porque, pero a verdade é que o abismo que separa a Cataluña de España lonxe de pecharse vai cada vez a máis.
Moitos falan dun desafecto que non acaban de substanciar: A débeda histórica, a maior contribución económica de Cataluña ao fondo de compensación interterritorial, etc. pero a min gustaríame fixarme nun detalle, nunha cuestión que dou en chamar o desafecto administrativo.
Creo que aquí pode estar unha das verdadeiras orixes do conflicto. A ninguén se lle escapa que non é tarefa doada ter que lidiar coa administración. Por moito que digan que están ao servizo do cidadán, moitas veces si non é fo… parece. Non cren?
Aquí teño que rachar unha lanza a prol das administracións máis cercanas ao cidadán, a administración local e municipal, a provincial e incluso a autonómica, pero no tocante á dependente do Estado, dirán vostedes que é manía, pero a verdade é que non é o mesmo trato nin por asomo (desde logo dun xeito subxectivo e desde a miña observación particular).
Se ten vostede que facer un trámite ante a Subdelegación do Goberno ou dun organismo da administración central, como Facenda, verán como teñen a mala sorte de que sempre lles toca o funcionario máis antipático. Seguro que algunha vez lle pasou que ante un trámite electrónico e cando tódolos astros se xuramentan contra vostede e o seu ordenador e acude á ventanilla de turno para explicarlles o caso terase topado con algún espabilado que lle solta aquelo de “non me pagan tanto como para que llo teña que explicar…” (sic. Así, tal cual).
Non creo que sexa a min so que, cando chega a Facenda para procurar algunha autorización previa para conseguir o seu certificado dixital para un colectivo social, por exemplo, teña que escoitar aquelo de “non me conte a súa vida… colla esta fotocopia coas instruccións e proceda, cando o teña resolto volva por aquí”.
Que digo eu, onde queda o trato humano ou o vello adaxio que reza “ensina ao que non sabe” e mesmo a solidariedade? Ah, xa sei! Detrás dunha pancarta do empregado público cando pide a comprensión do administrado, ou non?

Desafecto administrativo…

Te puede interesar