Suspense en Cambados...

Había tempo que estabamos anunciando a chegada dunha nova crise no seo do equipo de goberno de Cambados, ben sexa por cuestións e razóns endóxenas ou provocadas polas malas linguas e a longa man da tríada formada por Luis Aragunde, Cores Tourís e o todopoderoso Alfonso Rueda…
A verdade é que falar da inestabilidade do grupo de goberno cambadés é referirnos a  unha crónica política reiterada e non por menos que anunciada, pero non acaba por ter un final definitivo. Agora, que faltan escasamente 18 meses para que esta experiencia de goberno se someta ao exame das urnas diante dos cidadáns de Cambados, asistimos a un novo conflicto onde aparecen, outra vez, como protagonistas José Ramón Abal e Xurxo Charlín, como máximos expoñentes dunha situación que aínda que pareza insalvable, sempre acaba atopando un final feliz, aínda que sexa de xeito provisional.
Agora a novidade está en que un José Manuel Abal, novamente ofendido por suposta invasión de competencias por parte de Xurxo Charlín, está forzando a máquina ao máximo e, como si do preámbulo dun divorcio mal avenido se tratara, está poñendo o foco na alcaldesa, Fátima Abal, para que elixa entre “papá” e “mamá” para ver con quen se queda…
Non digo que haxa que ocultar ao público en xeral as diferencias que un equipo de goberno poda ter no día a día, pero desde logo a imaxe que se está a traslucir desta experiencia en nada axuda aos gobernos coaligados xa que con estas actitudes evidénciase aquel vello dito de aldea que reza “os trapos sucios hainos que lavar na casa”, ou polo menos dun xeito discreto si é que ao final este tema se quere solventar sin que o sangue chegue ao río.
Nos últimos días tanto os “hooligans” dun lado como doutro xa se encargaron de avivar ao máximo o lume para ver que pasa… nun exercizo de suicidio político que deixa en moi mal lugar a este tipo de experiencias de goberno de cara ao futuro.
Hai quen ve neste procedemento ao vivido en Sanxenxo non hai moito tempo, pero a min dame a impresión de que neste caso o final non apunta cara a mesma maneira e non o digo porque Luís Aragunde non estivera disposto a pescar en mar revolto, pero creo que neste caso quen intenta lanza-las súas redes é o propio José Ramón Abal, xogando a querer ser peixe grande sin tomar conciencia da realidade do seu tamaño, ou non?

Suspense en Cambados...

Te puede interesar