A voltas co Hospital do Salnés...

Na época estival arousá son clásicos, que non fallan, as referencias ás festas gastronómicas, á afluencia de visitantes e ás distintas polémicas políticas que aderezan o descanso veraniego. Así, e como non podía ser doutro xeito, volve ao panorama da actualidade local e comarcal a cuestión do Hospital do Salnés que sempre é unha referencia obrigada xa sexa pola súa redución de camas, pola saturación de urxencias ou polo famoso mapa sanitario galego que segue sin despexar de xeito definitivo a incógnita sobre o futuro desta infraestrutura.
A verdade é que non sei si achacar o tema a unha cuestión reiterada por parte da oposición ao goberno do PPdeG na Xunta ou a un erro de estratexia dos dirixentes da sanidade pública en Galicia que están a ver si os arousáns se despistan e deixan que se lles cole un gol neste tema. Eu creo que non…
Desde a súa creación, xa sexa como Fundación ou agora como centro hospitalario dependente da área sanitaria de Pontevedra, o Hospital do Salnés é unha realidade froito da demanda e a loita continuada da veciñanza que desde hai moitos anos atrás reinvindicaba, e reivindica, unhas instalacións sanitarias acordes á terceira cidade da provincia e a unha poboación flotante de toda a comarca que nos meses de verán chega a superar os 250.000 habitantes.
Moitas foron as voces que se ergueron para pedir no seu día unha ampliación, maiores e mellores dotacións en material e personal, etc. entre eles alcaldes e representantes de tódolas cores políticas, incluído o polifacético alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, médico de profesión e un dos máis interesados en que o centro de Ande, limítrofe con Vilanova, desempeñe do mellor xeito posible o seu cometido.
Polo tanto, estar a voltas co Hospital do Salnés paréceme incluso, xa non unha broma de mal gusto, senón un erro estratéxico desde o punto de vista político de libro si é que o PPdeG quere recuperar o que no seu día tivo no Salnés, auténtico graneiro de votos na provincia de Pontevedra para poder acometer empresas de maior envergadura.
Polo demais, eu sigo pensando que Arousa ten entidade suficiente non só para dispor dun centro hospitalario propio e autónomo dentro de calquera área sanitaria, aínda que para certos tratamentos ou intervencións teña que recurrir a Pontevedra, Santiago ou mesmo Vigo, pero o que é inequívoco e que o Hospital do Salnés veu para quedarse nas mellores condicións de operatividade posibles, ou non?

A voltas co Hospital do Salnés...

Te puede interesar