• Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Polo colesterol en bicicleta

Voume animar. Neste inverno cando non chova ou cando me aburra de ir polo paseo do colesterol para arriba e polo paseo do colesterol para abaixo, vou montar en bicicleta e veña, a dar pedales por Vilagarcía adiante. Xa o quixen facer antes, pero non podía porque as bicis non estaban en boas condicións e coa miña idade é moito arriscar. Entereime que o Concello vai aumentar as estacións e tamén que vai arrejlar as bicicletas que están en mal estado e así si que me atrevo. Di a miña curmá que sempre ando coas mismas lideiras e que ao final non fajo nada, pero penso que desta vai. E se eu non podo voullo dicir ao meu neto para que vaia el, ainda que ajora vai ter menos tempo porque empezou a escuela. Xa sei que non se di así, que é a ESO, pero que queren, son vella e para min os rapases van á escuela. Mimá cantos libros teñen estes chavales. Non hai mochila que resista tanto peso que levan ao lombo. Nos meus tempos cun libro xa chejaba, pero penso que están mellor hoxe.