Ai!, os tempos da motora

Esta semana estou escoitando falar dos días sen coches e da mobilidade... Mobilidade era a que tiña eu cando era moza e me marcaba uns pasos de baile co meu Benito dignos de concurso, en serio volo digo. Bromas a parte, iso faime pensar en como cambian os tempos. Nos meus anos mozos non había tanto coche; eu nin sequera tiven un propio e na familia chejamos a ter dous. O último esta aí, aparcado na casa porque o levaba o meu home e aínda vaise estropear, pero dame pena vendelo. Ademais non creo que valga un peso porque é vello, pero non cheja nin a “vintaj”, como di o meu neto. Habería que recuperar outros medios de transporte como as motoras da ría. Precisamente onte a conselleira do Mar, Rosa Quintana, viaxou dende Ribeira ata Vilagarcía nunha embarcación. Tiña que falar cos medios e presentar algo para loitar contra a contaminación, non sei mo ben, pero, claro, chejou antes que por carretera. Por serto, falando da banda norte da ría, hai que felicitar ao alcade de Boiro e a súa dona que están de aniversario; de Bodas de Prata nada menos.

 

Ai!, os tempos da motora

Te puede interesar