A Arousa aposta polas algas, con ou sen muros

EN AROUSA ATA AS aljas son boas. Que llo dijan á conselleira de Mar, que onte andaba por A Illa, disque a visitar unhas obras na lonxa, e chamoulle a atensión un carjamenteo delas. Nada de arjaso do que hai que quitar dos bancos marisqueiros, non. Ajora recóllense para faser alta cosiña e paréseme ben, porque eu, sinseramente, nunca as probei, pero se a verdura se come, o verdor do mar non lle ten nada que envidiar. Pois si, andaba eu onte pola Arousa, que disque tivo uns carnavales aljo movidos no día das comparsas. Eu, que non me perdía un en anos, vou este ano e aposto por quedarme no Momo en Vilanova... Perdín a trifulca, que ma contaron de oídas, e aínda por riba colleume a chuvia. Porque na terra de Valle-Inclán foron valentes ata o final, confiando en que a previsión meteorolóxica volvese errar como fixo nos días anteriores, que todo era chuvia no mapa e lojo nada. Pero desta volta atinaron. Da ijual. Pasar, pasámolo ben, pese a todo. Aínda que a aljún non lle chistase moito comparar aos de A Illa cos mexicanos aos que Trump lles quere poñer un muro. 

A Arousa aposta polas algas, con ou sen muros

Te puede interesar